CONTACONTOS

martes, 31 de outubro de 2017

SAMAÍN NA RUFITECA

Hoxe na biblioteca tivemos unha sesión de contacontos moi especial para a que contamos coa colaboración dunha bruxa moi coñecida por todos/as nós.  As historias elixidas foron  "A bruxa regañadentes" e "O ano no que os pitos perderon a cabeza". Ámbolos dous contos deixáronnos a todos os pelos como escarpias, os ollos coma pratos e tremendo de medo... 😰😰😰



martes, 24 de outubro de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe o alumnado conmemorou o Día da Biblioteca Escolar.  Na hora de ler todas e todos fomos con Rufiño á súa casa a ver o corto de animación á lectura "Los libros voladores del señor Morris Lessmore" e tamén o rap que fixemos para este gran día.

Que ben o pasamos!! 😊😊😊



Tamén se sumou a esta celebración o alumnado de 4º de Primaria realizando estas actividades sobre O Quixote.


RAP DON QUIJOTE
↓↓↓