CONTACONTOS

luns, 26 de xuño de 2017

Paula, Carla, Emilio, Alejandra e Uxía contan...Meiga Nova


Os nenos e nenas de 2º leron na Radio Pirata Campañó o conto "Meiga nova, metade anxo, metade marisco, pequena biografía de Maruja Mallo".


luns, 19 de xuño de 2017

Explicando a Maruja Mallo




Os nenos e nenas de 2º explicáronlle ó resto de nenos do cole quen foi Maruja Mallo e todo o traballo que fixeron relacionado con ela durante este curso, para o proxecto "Aquí pintamos todos".






xoves, 15 de xuño de 2017

FESTA DE VOLUNTARIOS DA RUFITECA

Este ano a Rufiteca estivo cargada de moito traballo para catalogar libros novos, arranxar algúns que se estropeaban,...e recibimos a visita de moitísimos nenos do cole. Pero cabe destacar a importancia que tiveron os VOLUNTARIOS e VOLUNTARIAS de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que axudaron nos recreos en todo momento nos préstamos de libros, axudar a atopar libros, botar unha man ós pequenos lectores, ordeaban as estanterías,... 

     Aínda que agora está pechada a biblioteca debido as vacacións de verán e poder deixar todo en orden, non hai cousa mellor que amosar o noso agradecemento a estes voluntarios que rematar o curso cunha...



     Aínda que na biblioteca non se pode comer, fixemos unha pequena excepción cunha gran merendola, música, baile, xogos cos globos e moita diversión.



     Pero, antes de marchar, agardábanlle outras sorpresas que non imaxinaban: un diploma acreditativo a cada un e uns agasallos como agradecemento o seu traballo e implicación. Agardamos que, o curso que ven, sexan máis!!! (e os de sexto colaboren na biblioteca do seu instituto). 

      Para ver máis fotos deste marabilloso día, pinchade na foto de abaixo.











xoves, 8 de xuño de 2017

A clase de 1º aprendeu moito sobre Matisse


As rapazas e rapaces de Primeiro aprendimos moitas cousas con Matisse, o artista que pintaba os cadros máis fermosos utilizando tesoiras, papel e pegamento.


Querédelo ver...?

luns, 5 de xuño de 2017

A clase de 2º de Primaria fálanos de Maruja Mallo



Dentro do noso proxecto de Centro deste ano: Aquí Pintamos Tod@s, a clase de 2º traballou sobre a figura da gran pintora galega Maruja Mallo.

Pintamos os seus cadros, aprendemos datos da súa vida e resumímolo neste vídeo, agardamos que vos guste!

Emilio no Pontenciencia_17




Emilio, da clase de 2º de Primaria, participou coa súa familia na pasada edición do Pontenciencia, clasificándose en quinto lugar, noraboa!

Hoxe explicounos no cole a súa investigación "Cultivando bacterias" e aprendimos un montón deste científico! Gracias a Emilio e ós seus axudantes!

Ponteciencia_17

sábado, 3 de xuño de 2017

DOCUMENTAL "As Meninas de Velázquez"

Co motivo do noso proxecto "Aquí pintamos todos", o alumnado traballou sobre o mundo da pintura coñecendo diversos artistas, os seus cadros, as técnicas plásticas utilizadas, experimentando novas formas de expresión srtística, etc.

En medio de toda esta aprendizaxe, centráronse no cadro "As Meninas" de Velázquez, descubrindo a técnica, o pintor e cada unha das personaxes que no cadro aparecía:
- Reproduxeron  de forma libre o cadro con cores máis alegres
- Pintaron á infanta coa técnica do puntuado
- Fixeron  monicreques coas personaxes e inventaron diálogos
- Reproduxeron a Velázquez utilizando cartulinas, témperas,...
- Recoñeceron os oficios daquela época e a función das personaxes que traballaban no Pañacio Real
- Comparamos as vestimentas do cadro coa Nosa actual
- Identificamos as personaxes do cadro e puxéronlle as etiquetas cos seis correspondentes nomes.
- Etc.

Foi moi divertido, gustoulles moitísimo o cadro e aprenderos un montón.Proba disto, elaboraron un pequeno documental como punto e final o proxecto deste año que agardamos que vos guste: