CONTACONTOS

xoves, 21 de decembro de 2017

MIL GRAZAS!!

E aquí tedes o resultado do Mercadillo Solidario!! 
Poucos libros e un montón de comida que se vai directamente
 para O Banco de Alimentos de Pontevedra.
 Foi todo un éxito esta iniciativa solidaria que esperamos poder volver a repetir nos próximos cursos.  Dende a Rufiteca queremos darvos as grazas, familias, pola vosa colaboración e axuda!!



LECTURAS PARA O NADAL

Xa están aquí as recomendacións lectoras para o Nadal!! 
Rufiño traballou intensamente buscando os mellores libros de lectura e música 
para que disfrutedes durante as vacacións!!
 Eu xa elexín os que vou pedir. E ti...xa sabes cal queres? 







O CICLO DE ED.INFANTIL FELICITA O NADAL

Xa chegamos a unha das épocas mais agardadas do ano para os pequenos. Unha época máxica e chea de ilusións. Este ano, os pequenos convertéronse en renos pero non uns renos calquera! Son uns RENOS PEREGRINOS que viñeron de todo o mundo nestas datas peregrinando cara Santiago pero deu a casualidade que pararon descansar en Campañó e aprovecharon a ocasión para deixarvos esta felicitación de Nadal que agardamos de vos guste:







Asemade, as mestras de infantil e a cuidadora fixeron un parón na súa labor diaria para felicitarvos as festas dunha maneira especial. Levaron tempo ensaiando para este día e así nos despedimos ata á volta das vacacións. BO NADAL!!!



martes, 19 de decembro de 2017

MERCADILLO SOLIDARIO

Xa está montado o Mercadillo Solidario!! 
Animádevos a donar alimentos non perecedoiros por libros. Hai un montón!!


Este Nadal, colaboremos todos nesta iniciativa tan especial e bonita! 


sábado, 4 de novembro de 2017

O "MEDO" EN 4º ED.INFANTIL (3 anos)

Na aula de infantil 3 anos traballamos varias cousas en Samaín pero, sobre todo, O MEDO.
A partir desta palabra...:

- Falamos sobre que era, para cada un, o medo.
- Que cousas lles producía medo.
- Que cores asociarían ó medo.
- Falamos sobre contos que les daban medo.
- Aprendimos cancións e bailamos con todas elas.
- Memorizamos unha pequena retahíla sobre un vampiro.
- Vimos debuxos animados sobre esta temática.
- Dramatizamos situacións de medo e, o más divertido, traballamos a expresión dramática de asustar ós demáis.
- E, despois de traballar todas estas cousas, descubrimos varias formas de dicir "estou medoso" para o cal, investigamos as palabras que se escriben distinto pero que significan o mesmo, é dicir, os sinónimos de MEDOSO

Como resultado a todo este pequeno proxecto con motivo da celebración do Samaín, elaboramos este pequeno vídeo (en castelán) como forma de expresión oral do alumnado desta idade.


PASÁMOLO DE MEDO!!! RIMOS TANTO, jejeje!!!






martes, 31 de outubro de 2017

SAMAÍN NA RUFITECA

Hoxe na biblioteca tivemos unha sesión de contacontos moi especial para a que contamos coa colaboración dunha bruxa moi coñecida por todos/as nós.  As historias elixidas foron  "A bruxa regañadentes" e "O ano no que os pitos perderon a cabeza". Ámbolos dous contos deixáronnos a todos os pelos como escarpias, os ollos coma pratos e tremendo de medo... 😰😰😰



martes, 24 de outubro de 2017

CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe o alumnado conmemorou o Día da Biblioteca Escolar.  Na hora de ler todas e todos fomos con Rufiño á súa casa a ver o corto de animación á lectura "Los libros voladores del señor Morris Lessmore" e tamén o rap que fixemos para este gran día.

Que ben o pasamos!! 😊😊😊



Tamén se sumou a esta celebración o alumnado de 4º de Primaria realizando estas actividades sobre O Quixote.


RAP DON QUIJOTE
↓↓↓

















luns, 26 de xuño de 2017

Paula, Carla, Emilio, Alejandra e Uxía contan...Meiga Nova


Os nenos e nenas de 2º leron na Radio Pirata Campañó o conto "Meiga nova, metade anxo, metade marisco, pequena biografía de Maruja Mallo".


luns, 19 de xuño de 2017

Explicando a Maruja Mallo




Os nenos e nenas de 2º explicáronlle ó resto de nenos do cole quen foi Maruja Mallo e todo o traballo que fixeron relacionado con ela durante este curso, para o proxecto "Aquí pintamos todos".






xoves, 15 de xuño de 2017

FESTA DE VOLUNTARIOS DA RUFITECA

Este ano a Rufiteca estivo cargada de moito traballo para catalogar libros novos, arranxar algúns que se estropeaban,...e recibimos a visita de moitísimos nenos do cole. Pero cabe destacar a importancia que tiveron os VOLUNTARIOS e VOLUNTARIAS de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que axudaron nos recreos en todo momento nos préstamos de libros, axudar a atopar libros, botar unha man ós pequenos lectores, ordeaban as estanterías,... 

     Aínda que agora está pechada a biblioteca debido as vacacións de verán e poder deixar todo en orden, non hai cousa mellor que amosar o noso agradecemento a estes voluntarios que rematar o curso cunha...



     Aínda que na biblioteca non se pode comer, fixemos unha pequena excepción cunha gran merendola, música, baile, xogos cos globos e moita diversión.



     Pero, antes de marchar, agardábanlle outras sorpresas que non imaxinaban: un diploma acreditativo a cada un e uns agasallos como agradecemento o seu traballo e implicación. Agardamos que, o curso que ven, sexan máis!!! (e os de sexto colaboren na biblioteca do seu instituto). 

      Para ver máis fotos deste marabilloso día, pinchade na foto de abaixo.











xoves, 8 de xuño de 2017

A clase de 1º aprendeu moito sobre Matisse


As rapazas e rapaces de Primeiro aprendimos moitas cousas con Matisse, o artista que pintaba os cadros máis fermosos utilizando tesoiras, papel e pegamento.


Querédelo ver...?

luns, 5 de xuño de 2017

A clase de 2º de Primaria fálanos de Maruja Mallo



Dentro do noso proxecto de Centro deste ano: Aquí Pintamos Tod@s, a clase de 2º traballou sobre a figura da gran pintora galega Maruja Mallo.

Pintamos os seus cadros, aprendemos datos da súa vida e resumímolo neste vídeo, agardamos que vos guste!

Emilio no Pontenciencia_17




Emilio, da clase de 2º de Primaria, participou coa súa familia na pasada edición do Pontenciencia, clasificándose en quinto lugar, noraboa!

Hoxe explicounos no cole a súa investigación "Cultivando bacterias" e aprendimos un montón deste científico! Gracias a Emilio e ós seus axudantes!

Ponteciencia_17

sábado, 3 de xuño de 2017

DOCUMENTAL "As Meninas de Velázquez"

Co motivo do noso proxecto "Aquí pintamos todos", o alumnado traballou sobre o mundo da pintura coñecendo diversos artistas, os seus cadros, as técnicas plásticas utilizadas, experimentando novas formas de expresión srtística, etc.

En medio de toda esta aprendizaxe, centráronse no cadro "As Meninas" de Velázquez, descubrindo a técnica, o pintor e cada unha das personaxes que no cadro aparecía:
- Reproduxeron  de forma libre o cadro con cores máis alegres
- Pintaron á infanta coa técnica do puntuado
- Fixeron  monicreques coas personaxes e inventaron diálogos
- Reproduxeron a Velázquez utilizando cartulinas, témperas,...
- Recoñeceron os oficios daquela época e a función das personaxes que traballaban no Pañacio Real
- Comparamos as vestimentas do cadro coa Nosa actual
- Identificamos as personaxes do cadro e puxéronlle as etiquetas cos seis correspondentes nomes.
- Etc.

Foi moi divertido, gustoulles moitísimo o cadro e aprenderos un montón.Proba disto, elaboraron un pequeno documental como punto e final o proxecto deste año que agardamos que vos guste:


domingo, 23 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Este curso o proxecto é "Aquí pintamos todos" e, por iso, desde a Rufiteca, propuxemos varias actividades arredor desta temática.

ACTIVIDADE 1: 

O alumnado fixo a súa propia TARXETA DE RECOMENDACIÓN DUN LIBRO ( aparece a súa foto co seu libro favorito, o debuxo da portada e as razóns de por que é o seu preferido). Están nos taboleiros dos corredores para que todos os nenos e nenas poidan consultalos.











ACTIVIDADE 2: 

Durante o PLAN LECTOR do centro, nais e pais de alumnos convértense en CONTACONTOS e, por iso, dado o éxito de participación, estas sesións de contacontos duran varios días. A verdade é que foi un éxito total e o alumnado disfruta moito e os profes quedamos abraiados coa posta en escea e a implicación das familias. Agardamos que, cada ano, sexamos máis!!

PINCHAR NA IMAXE da programación dos contacontos para ver AS FOTOS.





ACTIVIDADE 3: 

Entregáronse algúns pasatempos relacionados co proxecto de centro para que se divirtan aprendendo . Tamén subimos estas e outras actividades que podedes descargar e imprimir na casa:


 SOPAS DE LETRAS





luns, 17 de abril de 2017

PAIS E NAIS CONTACONTOS

O 23 de abril é o Día do Libro e, no colexio, imos levar a cabo unhas sesións de contacontos  e, outro ano máis, contamos coa marabillosa participación de varios familiares dos alumnos. Nesas sesións descubriremos novas aventuras, novas historias e novos contos que estamos seguros que deixarán abraiados ós nosos pequenos lectores. 

Como son moitos os que queren participar, tivemos que programar varias sesións, pero no caso de que outros queiran animarse, soamente teñen que porse en contacto con nós e atopamos un oco axiña!

A continuación adxuntamos a PROGRAMACIÓN da nosa Rufiteca para conmemorar o Día do Libro:


venres, 7 de abril de 2017

Poema sobre Picasso

Os nenos e nenas de 5º de Ed.Infantil traballaron cun poema sobre Picasso e recitárono para o programa de Onda Cero "Dalle á lingua". Aquí vos deixamos o vídeo da súa exposición do poema:


luns, 3 de abril de 2017

Os nenos e nenas de 4 anos falan de arte na Radio Pirata Campañó




O alumnado de 5º de Educación Infantil subiu á Radio Pirata a recitarnos unhas marabillosas poesías sobre Gaudí e Picasso, os pintores sobre os que traballaron este curso.

Disfrutádeas!

xoves, 30 de marzo de 2017

Un contiño cortiño de Rufiño

Hai uns días estuvimos lendo un dos novos libros da Rufiteca: A Vaca Victoria.



A verdade é que era moi impactante porque en tres páxinas comezaba e remataba a historia. Soamente 3 páxinas???? Non o podiamos crer, como pode ter un conto 3 páxinas??? Había unha vaca que morreu e acabou o conto!!! Pero, despois dun rato, decatámonos que ocultaba...algo máis. Pero para iso é mellor que vaiades á Rufiteca ou merquedes o libro para que o descubrades. 

     Sen embargo, os nenos de 5 anos quedaron moi impactados por este libro e dedidiron inventar entre todos outro conto cortiño e este é o resultado. Agardamos que vos guste! (pinchar na imaxe)



martes, 28 de marzo de 2017

Os nenos e nenas de 3 anos contan...Abezoo


O alumnado de 4º de Educación Infantil subiu á Radio Pirata a recitarnos dous poemas do libro Abezoo: "La araña y el ciempiés" e "El bebé cerdito".

Que ben o fixeron!

luns, 20 de marzo de 2017

A pintora Olga Martínez visita o noso cole



A semana pasada visitounos a pintora Olga Martínez, que nos explicou o proceso de creación da súa obra e coa que aprendimos moito sobre Arte e pintura! 

Deixámosvos aquí un vídeo con fragmentos da conversa do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º con Olga.


venres, 3 de febreiro de 2017

Laura e Sabela contan...Miss Pupas


Unha nova edición dos Contos na Radio Pirata Campañó, con Sabela e Laura de 2º de Primaria narrando a historia de Miss Pupas.

luns, 30 de xaneiro de 2017

Poesía pola Paz "El niño y la paloma" (Picasso)

Este ano, os nenos e nenas de 5 anos, traballamos os cadros de "El Guernica" e "El niño y la Paloma" de Picasso con motivo do Día da Paz. En base a este último, traballamos unha poesía creada para tal celebración que agardamos que vos guste.


domingo, 29 de xaneiro de 2017

Cris conta...La aventura del pollo Kiko



Cristina, de 2º de Educación Primaria, conta o libro "La aventura del pollo Kiko" para Radio Pirata Campañó

luns, 16 de xaneiro de 2017

Antía le os Bolechas para a Radio Pirata Campañó



Antía de 2º de Primaria le para todos nós o conto de "Os Bolechas queren aprender como se fai a televisión" na Radio Pirata Campañó