CONTACONTOS

luns, 20 de xuño de 2016

Recomendacións literarias para o verán 2016

O curso remata xa e dende a nosa biblioteca Rufiño quere facervos unhas recomendacións para ler (e tamén para escoitar) neste verán que entra hoxe.

Lembrade ler sempre para divertirvos, coñecer novas aventuras e lugares e non esquezades que un libro pode ser a mellor das compañías.


 Preme nesta ligazón para descargar o tríptico completo

martes, 14 de xuño de 2016

Recibimos o selo "Bibliotecas Escolares Solidaria"

Estamos de noraboa, a nosa Rufiteca recibiu o selo de calidade "Bibliotecas Escolares Solidarias".  Tan só foron concedidos seis selos en toda Galicia. Parabéns a todo o centro e en especial a o equipo de Biblioteca.

O Portal Educativo publica a Resolución de 14 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dan a coñecer os centros aos que se concede o Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" neste ano 2016, no contexto do programa Bibliotecas Escolares Solidarias, unha iniciativa que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social. Entre as candidaturas presentadas, obteñen este Selo os centros seguintes:

  • CPI P. Virxe da Cela, de Monfero (A Coruña)
  • CEIP P. A Pedra, de Bueu (Pontevedra)
  • CEIP Espedregada, de Poio (Pontevedra)
  • IES de Poio, Poio (Pontevedra)
  • CEIP de Parada-Campañó, de Pontevedra (Pontevedra)
  • IES de Vilalonga, de Sanxenxo (Pontevedra)
O Selo "Biblioteca Escolar Solidaria" é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor das persoas que forman parte do colectivo escolar, que recoñece a bibliotecas que fan un esforzo salientable por compensar as desigualdades no acceso aos bens culturais entre os distintos integrantes da comunidade educativa.

Aceso á resolución

mércores, 1 de xuño de 2016

Manuel María pol@s nen@s de Infantil

O alumnado de 6º de Infantil quixo facer unha pequena homenaxe a Manuel María gravando en video o seu recitado de varios poemas do libro "Os soños na gaiola".


Para que lles quedase así de ben primeiro fixeron unhas prácticas despois dunhas clases nas que aprendimos a empregar a tableta como cámara de video. Tamén tivemos que aprender a superar a vergonza que nos da falar diante dunha cámara e a expresarnos con claridade para que se nos entenda. Coma sempre estes nen@s acabaron facéndoo de marabilla e mirade que xeito se daban, é probable que aquí se atope a Isabel Coixet ou o Pedro Almodovar do mañá.